Wednesday 24 de April de 2024

O Concello inicia na praza de Guísamo as obras para mellorar o parque infantil e crear unha área de calistenia


● A actuación conta cun orzamento de 111.409,71 euros.

● Os traballos inclúen a renovación do pavimento, dos elementos de xogo, dos aparellos biosaudables e a creación dunha área de calistenia.

● Alejandra Pérez Máquez destaca que “continuamos co noso plan de renovación de todos vos parques do municipio” e explica que “a veciñanza trasladounos ou seu interese polas zonas de calistenia e estamos respondendo”.

O Concello de Bergondo iniciou hoxe os traballos para mellorar o parque infantil e biosaudable da praza de Guísamo ‘José García Verdía’ e crear na zona unha área de calistenia, unha actuación que conta cun orzamento de 111.409,71 euros.

O obxectivo deste proxecto é, ademais de mellorar o parque infantil, ampliar as zonas de lecer con novos elementos de mobiliario infantil e novas funcións, @teniendo en cuenta as demandas e necesidades dos veciños e veciñas do municipio e adaptando este equipamento á normativa de seguridade e funcionalidade vixente.

Actualmente os elementos de xogo da zona infantil e diversos equipos biosaudables presentaban danos en elementos estruturais, ademais de que o pavimento amortiguador atopábase deteriorado, polo que era necesario acometer este proxecto de mellora.

Os traballos que levarán a cabo implican a renovación dos xogos da zona infantil, dos aparellos do circuíto biosaudable e a creación dunha nova área de calistenia similar á que xa existe no parque de San Cidre.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, destaca que “con esta obra continuamos co noso plan de renovación de todos vos parques do municipio, que pouco a pouco se vai completando” e, con respecto á zona de calistenia, explica que “a veciñanza, especialmente vos mozos e mozas, trasladounos ou seu interese por este tempo de equipamentos e estamos respondendo”.